Sunday 22 de September de 2024

A un mes dende a súa posta en marcha a desbrozadora municipal leva traballado en máis de 50 quilómetros


A pesar dos 85.000€ investidos para a súa adquisición a limpeza de cunetas era contratada a unha empresa. A maquinaria, cun seguro anual de 600€, permanecía parada nunha nave privada

A pouco más dun mes de volver a encender o motor do tractor municipla e poñer en funcionamento a desbrozadora xa se pode falar de máis de 50 quilómetros traballados. Labores de desbroce realizados nas parroquias de Beán, Lesta, Parada e Ordes e que continuará realizándose noutros puntos do municipio mentres as condicións meteorolóxicas o permitan. Ademais de cunetas, camiños e viais tamén se levan acondicionadas e se ten eliminado maleza de zonas e áreas públicas como o campo da festa de Parada ou a zona da capela do Socorro, en Vilamaior, entre outros.

“Temos que pensar que o curso escolar dará comezo en escasas semanas e hai que priorizar aquelas estradas e zonas polas que circula o transporte escolar”, explica o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo.

É de ter en conta que ata o de agora a dita maquinaria empregada estaba depositada nunha nave de titularidade privada sin realizar ningún servizo para a cidadanía ordense, a pesar das escasas 4000 horas de uso que tiña as súas costas. Ata a chegada do novo goberno o sistema establecido pasaba pola contratación dunha empresa privada para desempeñar o mesmo traballo que agora está realizando o persoal do Concello sen ningún custo engadido.

Por outra banda, no referente a cartos públicos hai que falar dun investimento darredor de 85.000 € para adquisición deste equipo e maquinaria de traballo (tractor 59.425€, pala 6.275€, desbrozadora 19.300€), realizado no ano 2006. Unha cifra á que lle hai que engadir os seguros contratados e que dende o pasado 2009 ascenden a case 600€ anuais.